21/8/07

PRESENTACIÓN

Este blog preséntase como un espacio para que os rapaces e rapazas do concello de Salceda de Caselas que asisten ao obradoiro de Internet no Torrón podan expresar as súas opinións, inquedanzas, colgar as súas imaxes preferidas, etc.
Ao longo destes días iremos traballando sobre el esperando que teña unha continuidade para que, ao longo do tempo, adquira un papel de referencia para o resto da mocidade salcedense.
Dende a miña posición como Dinamizadora da Sociedade da Información deste concello intentarei trasmitirlles as pautas básicas para que dunha forma autónoma e libre cada quen vaia traballando sobre el.

No hay comentarios: